viernes, 20 de enero de 2012

ACOMPÁÑANOS EN XANTAR E SAIRÁS GAÑANDO!!!

Xantar celébrase un ano máis, e por suposto nós non podíamos faltar a tan ineludible evento! Do 1 ao 5 de febreiro, o noso stand convertirase nunha galería dos máis suculentos sabores a través das nosas habituais degustacións. Mais como ben reza o refraneiro, renovarse ou morrer. Ben, polo tanto pensamos que nesta ocasión  non deberías voltar a casa co peto baleiro polo que premiamos a túa confianza e fidelidade cun sorteo diario, só por achegarte ao noso stand e degustar algún dos manxares que alí se expoñen.

 Entre estes fabulosos premios, destaca  unha estancia dunha noite en réxime de aloxamento e almorzo.  A dirección do Grupo Insúa é quen fai entrega deste agasallo nun hotel cheo de encanto, o Hotel Insua. Situado en Cee,en plena Costa da Morte, e reformado no ano  2010, este pequeno rincón do mundo mestura nun perfecto equilibrio o trato familiar e cercano co confort e as avantaxes dun establecemento moderno.

Nós agardámoste....e ti, pensas perdelo?

jueves, 12 de enero de 2012

O alumnado de 1º de xestión de aloxamentos recepciona o campionato galego de xefes de sala

O alumnado do ciclo superior de 1º de xestión de aloxamentos turísticos, recepciona o campionato galego de xefes de sala-maîtres, evento organizado polo Seminario Para a Formación e Promoción da Hostelería Galega e Turismo, baixo a convocatoria de AMAIGA (Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostelería) a  colaboración do IES VILAMARIN e o apoio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta proba ten consideración de SEMIFINAL CLASIFICATORIA en Galicia, de maneira que e Autónoma, o gañador representará a esta Comunidade Autónoma no III (2º época) Campeonato de España de Jefes de Sala-Maîtres, que se celebrará os próximos 6 e 7 de Marzo 2012, no marco do XXVI Salón Internacional do Club de Gourmets na Feria de Madrid.

FONTE: http://www.hggtonline.com/2011/12/vi-campionato-galego-de-xefes-de-sala_12.html

XANTAR 2012

          
Como en anos anteriores, unha vez máis o alumnado do IES Vilamarín estará presente na XIII edición de Xantar 2012. Pero esta vez, o centro participa no salón con enerxías renovadas e se te achegas polo noso stand poderás optar a numerosos premios entre os que se atopan dende unha estancia nun hotel da nosa comunidade, ata algunha que outra cousiña máis apetitosa que queremos que descubras por tí mesmo/a...

Non o esquezas, do 1 ao 5 de febreiro premiamos a túa confianza!