O pasado xoves 28 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de xestión de aloxamentos turísticos e os alumnos do 2º curso de restauración, acompañados por 2 profesoras, 1 profesor e a orientadora do IES Vilamarín, realizamos unha saída lúdico-didáctica a Vigo. O obxectivo consistía entroutros, en extrapolar os contidos cos que habitualmente traballamos nas aulas á realidade. Nembargantes, unha das mellores lecturas que extraemos desta visita é a da propia experiencia, pois supuxo unha ocasión para compartir e aprender que nos deixou moi bo sabor de boca e como non..., moitas gañas de repetir!!!
Por outra banda, compre agradecer a excelente acollida que nos propiciou a dirección tanto do Hotel Pazo dos Escudos coma o do Hotel Carris Beiramar, sen dúbida representan dous bos exemplos de hotelería de calidade na nosa comunidade.
Tras a visista ao hotel Pazo dos Escudos e o Hotel Carris Beiramar, xantamos todos xuntos no restaurante do IES Manuel Antonio. Mais omo non podía ser doutro xeito, temos que facer mención ao exquisito menú que tiñan elaborado os nosos compañeiros de profesión.

Hotel Carris Beiramar.
Este hotel de 4 estrelas, foi o primeiro que visitamos. A acollida tanto por parte da directora (Rosa) coma da gobernanta e o xefe de recepción foi fóra de serie. Da súa man fixemos un percorrido por este moderno hotel deseñado polo prestixioso arquitecto César Portela. Mesmo ao rematar a visita, nos convidaron a desfrutar dun delicioso Cofee-break.
Gracias a todo o equipo do hotel Carrís Beiramar!!!

O Pazo dos Escudos.
Este fermosisimo pazo de 5 estrelas deixounos boquiabert@s coas súas luxosas instalacións e interesante arquitectura. Moi amablemente o seu director fixonos un breve percorrido por todas as instalacions e exteriores do pazo. Quedounos claro, que cada recanto deste hotel entraña unha beleza poucas veces igualable.
Grazas a todo o persoal, especialmente a dirección pola súa especial dedicación!
Grazas a todo o persoal, especialmente a dirección pola súa especial dedicación!

.
Deixamos aquí, un par de fotos dos alumnos e alumnas que desfrutamos desta exitosa visita, os cales esperamos poder realizar outra CANTO ANTES MELLOR!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario