jueves, 1 de diciembre de 2011

Saída a Vigo!!


O pasado xoves 28 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de xestión de aloxamentos turísticos e os alumnos do 2º curso de restauración, acompañados por 2 profesoras, 1 profesor e a orientadora do IES Vilamarín, realizamos unha saída lúdico-didáctica a Vigo. O obxectivo consistía entroutros, en extrapolar os contidos cos que habitualmente traballamos nas aulas á realidade. Nembargantes, unha das mellores lecturas que extraemos desta visita é a da propia experiencia, pois supuxo unha ocasión para compartir e aprender que nos deixou moi bo sabor de boca e como non..., moitas gañas de repetir!!!

Por outra banda, compre agradecer a excelente acollida que nos propiciou a dirección tanto do Hotel Pazo dos Escudos coma o do Hotel Carris Beiramar, sen dúbida representan dous bos exemplos de hotelería de calidade na nosa comunidade.


Tras a visista ao hotel Pazo dos Escudos e o Hotel Carris Beiramar, xantamos todos xuntos no restaurante do IES Manuel Antonio. Mais omo non podía ser doutro xeito, temos que facer mención ao exquisito menú que tiñan elaborado os nosos compañeiros de profesión.


Hotel Carris Beiramar.

Este hotel de 4 estrelas, foi o primeiro que visitamos. A acollida tanto por parte da directora (Rosa) coma da gobernanta e o xefe de recepción foi fóra de serie. Da súa man fixemos un percorrido por este moderno hotel deseñado polo prestixioso arquitecto César Portela. Mesmo ao rematar a visita, nos convidaron a desfrutar dun delicioso Cofee-break.

Gracias a todo o equipo do hotel Carrís Beiramar!!!



O Pazo dos Escudos.


Este fermosisimo pazo de 5 estrelas deixounos boquiabert@s coas súas luxosas instalacións e interesante arquitectura. Moi amablemente o seu director fixonos un breve percorrido por todas as instalacions e exteriores do pazo. Quedounos claro, que cada recanto deste hotel entraña unha beleza poucas veces igualable.

Grazas a todo o persoal, especialmente a dirección pola súa especial dedicación!


.

Deixamos aquí, un par de fotos dos alumnos e alumnas que desfrutamos desta exitosa visita, os cales esperamos poder realizar outra CANTO ANTES MELLOR!!!








Xornada micolóxica

O xoves 1 de decembro e froito da instensa actividade micolóxica vimos tendo, sérvese no restaurante do centro este pensado e exquisito menú, que de seguro non deixa a ninguén indiferente.




Para os que queiran facer unha reserva directa no día de hoxe chamen ao nuúmero 988286013

Vilamarín lánzase á procura dos cogomelos da man da asociación Os Cogordos!






Neste mes de Novembro, os alumnos do I.E.S Vilamarín fixeron unhas saídas micolóxicas en busca dos mellores cogomelos.







 O día 30 de Novembro xuntaronse os micólogos Jose Luis Rico, Emilio Ruíz, Eladio Pateiro e Mari Pérez da asociación ourensá integrada na Federación Galega de Micoloxía ``Os Cogordos´´, para falarnos das propiedades e tipos de cogordos da zona

.




En base a isto, hoxe, o día 1 de decembro, ofrécese no I.E.S Vilamarín un menú adicado a esta temática.





                  

  ¡¡VEN A COMER CON NÓS!!

                ¡¡DESFRUTA DOS COGOMELOS!!