O propósito desta publicación é chegar a todas aquelas persoas interesadas no mundo do turismo en todas as súas facetas.
Podes consultar a revista na web do IES Vilamarín
Segue toda a actualidade do centro en Facebook e Twitter
_____________________________________________________________________________________________________
RIBEIRA SACRA: “PROXECTO PATRIMONIO DA HUMANIDADE”
Paisaxe inconfundible, viño con denominación de orixe,
parador nacional, catamaráns, rutas de sendeirismo, fauna e flora exclusiva,
fervenzas, ermitorios…Con estes rasgos poderíamos intuír que estamos falando
dun lugar do norte de Europa, ou dun aínda máis afastado, pero nada máis lonxe
da realidade. Estamos a falar de Galicia, máis concretamente da Ribeira Sa-cra,
unha rexión ubicada entre as provincias de Lugo e Ourense.
Con todas estas peculiaridades, este lugar aínda non conta
co amparo institucional que cla-ramente merece. Desde esta revista facemos un
chamamento: a Ribeira Sacra debe contar coa protección que outorga o título de
“Patrimonio da Humanidade” debido a exclusividade de zonas como os cañóns do
Sil, a súa “viticultora heroica”, ou a Igrexa Rupestre de San Pe-dro de Rocas,
a máis antiga de Galicia, contarían co respaldo que aporta dito recoñecemen-to.
Queremos que esta posibilidade non caia en saco roto, porque
as últimas informacións, sina-lan que a candidatura galaica estará parada por
un período indefinido de tempo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario