jueves, 21 de febrero de 2013

Menú do xantar de VilamarINnova

Despois de que o ciclo de relatorios da mañá rematase con éxito, os asistentes puideron gozar dun menú de luxo á altura dos padais máis sibaritas.

Os alumnos do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía puxeron en práctica todos os coñecementos adquiridos durante o curso para elaborar un excelente menú, composto por tres pratos dignos dos mellores chefs. Así mesmo, os compañeiros do Ciclo Superior de Direción de Cociña transformaron uns simples ingredientes nunha excelente sobremesa, que foi o prato estrela da comida e o máis eloxiado polos comensais.

Parabéns compañeiros!


MENÚ

21-02-2013


Para comezar, un pouco de marisco:

  • Talo de txangurro, crema de San Simón, marmelada tricolor de pementos e pó de xamón

De seguido, continuamos no mar cun prato que se concibe co bacallau como ingrediente principal:

  • Lombiño de bacallao a baixa temperatura, romescu, nube de aceite con pemento e arroz meloso de polbo e pipas de xirasol

Entre medias, un cóctel refrescante e moi dixestivo:

  • Sorbete de limón aromatizado con xenxibre

Proseguimos a comida cunha deliciosa carne coa marca Galicia:


  • Papada de porco celta, viera asada, crema de pataca violeta e crumble de foie

Por último, unha sensacional sobremesa que esperta todos os sentidos:

  • Pemento de framboesa recheo de Chiboust, strudel de cacao de anxo e xeado de menta

Toda a comida estivo acompañada dunha magnífica subministración da adega de viños galegos



                                                                     Porco celta                                                  Txangurro


Se non puideches gozar deste menú pero queres gozar dunha comida exquisita, non o dubides e reserva unha mesa no noso comedor. Realiza a túa reserva a través do teléfono: 988 28 60 13


Segue toda a actualidade do centro en Facebook e Twitter





No hay comentarios:

Publicar un comentario