viernes, 14 de diciembre de 2012

Festival Hippie







O próximo xoves 20 de decembro, queremos convidalos a un festival hippie que se celebrará dito día na cafetería do IES Vilamarín. Contaremos con premios, sorteos, pinchos, un karaoke e mais un concurso deste, diferentes concursos sorpresa que se coñecerán o mesmo día, música, coctelería acrobática, e moitas sorpresas máis. Premiarase tamen a orixinalidade da vestimenta relacionada co festival.  A venda de entradas xa dispoñible na cafetería do IES (1€ residentes, 2€ externos). Non deixen escapar esta oportunidade. Esperámolos!

Para máis información, contacten no número 988 28 60 13, ou ben no noso email:



 
ESPERAMOS A SÚA VISITA

martes, 11 de diciembre de 2012

Menu degustación 11/12/2012


Hoxe martes día 11 de decembro de 2012, no IES Vilamarín, poderase degustar este esquisito menú.

Xa que estamos entrando en datas de nadal, gustaríanos facer destas datas singulares, que poidan desfrutar duns esquisitos menus típicos destas datas.

Dado que o aforo é limitado, vostedes poderán poñerse en contacto co centro e facer a súa reserva para o restaurante no número 988 28 60 13, ou ben no noso email:

 
ESPERAMOS A SÚA VISITA
 

jueves, 15 de noviembre de 2012


 
 
Hoxe día 15 de novembro ofrecerémoslle no Ies Vilamarín un menú de carta especial de outono. Para que vostedes poidan disfrutar dos nosos menús e pratos non duviden en poñerse en contacto co centro e facer a súa reserva para o restaurante no número 988 28 60 13.
 
ESPERAMOS A SÚA VISITA

jueves, 8 de noviembre de 2012

Menú día 08/11/2012

O comedor do IES de Vilamarín está novamente aberto para tí. Como exemplo deixamos unha mostra da minuta que haberá hoxe no restaurante.

Se queres faer a túa reserva, non dubides en porte en contacto connosco a través do teléfono: 988.28.60.31. Tamén pode vir ata o centro faer a túa reserva ou ben mediante a páxina: www.iesvilamarin.es



miércoles, 10 de octubre de 2012

MENÚ DE HOY DÍA 10/10/12


Hoy día 10/10/12  nuestros alumnos de cocina nos deleitaran con este delicioso menú.

Entremeses variados fríos y calientes.
Habas con almejas.
Revuelto de champiñones con jamón.
Espaguetis de champiñones con calabacín.



Merluza a la cazuela con almejas y gambas.
Pechuga rellena de jamón y queso con esfera de patata y champiñones.
Salmón bearnesa.



Dulces variados del I.E.S. Vilamarín.

jueves, 4 de octubre de 2012

Volta á carta 2012-2013

Con motivo do comezo do curso escolar no ÍES Vilamarín, a partir de hoxe abre as súas portas o restaurante á carta, a disposición de alumn@s e externos . Nel poderase degustar menús especiais feitos polos propios alumn@s do centro pertencentes aos ciclos de Cociña, Panadaria e Servizos en restauración. Convidámoslle a comprobalo co seu propio padal! Agardámol@s!

Reservar no 988 286 013
Tamén pode seguirnos en vilamaringourmet2punto0.blogspot.com
ou na nosa paxina de Facebook ÍES Vilamarín.

viernes, 27 de abril de 2012

Lingua de namorar

Se tes entre 14 e 35 anos, sabes algo desto que lle chaman amor, e che gusta escribir, clicka aquí e participa nun SUPERCONCURSO no que poderás optar aos seguintes premios:
•Categoría A: de 14 a 19 anos •Categoría B: de 20 a 35 anos As mensaxes gañadoras recibirán os seguintes premios: - Categoría A: ◦1º Un computador netbook ◦2º Unha consola Wii ◦3º Unha cámara de fotos dixital - Categoría B: ◦1º Un iPad ◦2º Un libro electrónico cunha selección de títulos en galego ◦3º Unha cámara de fotos dixital

martes, 14 de febrero de 2012

San Valentín ao grande no IES Vilamarín!


Este San Valentín vaste namorar, dende o centro argallamos unha chea de maquinadas estratexias para que así sexa.

Fases para a consecución do obxectivo "namorarse si ou si":

-1º Cada "pretendiente busca su ingrediente".

Recolle a túa papelata co teu prato ou ingrediente e fai que casen. Unha vez que atopes ao teu complemento ideal, dálle unha aperta.

Hoxe día 14 e mañá día 15,  repartiranse as papeletas para que o resto da semana busques a túa media laranxa.


-2º Agasalla co teu corazonciño.



-3º Xanta coa túa parella nun ambiente de romanticismo total no Resturante do IES Vilamrín.

Prezo por pax 10,00 €.



* Ademais hoxe sorteamos a estancia con cea "Namorarse en Nemiña".

Nós dámosche todo feito para que logo non se diga...




jueves, 2 de febrero de 2012

CONTINÚAN AS DEGUSTACIÓNS E OS PREMIOS CO IES VILAMARÍN EN XANTAR 2012

Tras a entrega do premio de onte, un lote de doces e un xantar para dúas persoas no IES Vilamarín ,hoxe ofertamos a degustación de elaboracións a base de rodaballo galego e as 21.00h. celebraremos o noso sorteo diario que hoxe consistirá nun lote de libros e un bono para un xantar no IES Vilamarín para dúas persoas.....Non o perdas.

viernes, 20 de enero de 2012

ACOMPÁÑANOS EN XANTAR E SAIRÁS GAÑANDO!!!

Xantar celébrase un ano máis, e por suposto nós non podíamos faltar a tan ineludible evento! Do 1 ao 5 de febreiro, o noso stand convertirase nunha galería dos máis suculentos sabores a través das nosas habituais degustacións. Mais como ben reza o refraneiro, renovarse ou morrer. Ben, polo tanto pensamos que nesta ocasión  non deberías voltar a casa co peto baleiro polo que premiamos a túa confianza e fidelidade cun sorteo diario, só por achegarte ao noso stand e degustar algún dos manxares que alí se expoñen.

 Entre estes fabulosos premios, destaca  unha estancia dunha noite en réxime de aloxamento e almorzo.  A dirección do Grupo Insúa é quen fai entrega deste agasallo nun hotel cheo de encanto, o Hotel Insua. Situado en Cee,en plena Costa da Morte, e reformado no ano  2010, este pequeno rincón do mundo mestura nun perfecto equilibrio o trato familiar e cercano co confort e as avantaxes dun establecemento moderno.

Nós agardámoste....e ti, pensas perdelo?

jueves, 12 de enero de 2012

O alumnado de 1º de xestión de aloxamentos recepciona o campionato galego de xefes de sala

O alumnado do ciclo superior de 1º de xestión de aloxamentos turísticos, recepciona o campionato galego de xefes de sala-maîtres, evento organizado polo Seminario Para a Formación e Promoción da Hostelería Galega e Turismo, baixo a convocatoria de AMAIGA (Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostelería) a  colaboración do IES VILAMARIN e o apoio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta proba ten consideración de SEMIFINAL CLASIFICATORIA en Galicia, de maneira que e Autónoma, o gañador representará a esta Comunidade Autónoma no III (2º época) Campeonato de España de Jefes de Sala-Maîtres, que se celebrará os próximos 6 e 7 de Marzo 2012, no marco do XXVI Salón Internacional do Club de Gourmets na Feria de Madrid.

FONTE: http://www.hggtonline.com/2011/12/vi-campionato-galego-de-xefes-de-sala_12.html

XANTAR 2012

          
Como en anos anteriores, unha vez máis o alumnado do IES Vilamarín estará presente na XIII edición de Xantar 2012. Pero esta vez, o centro participa no salón con enerxías renovadas e se te achegas polo noso stand poderás optar a numerosos premios entre os que se atopan dende unha estancia nun hotel da nosa comunidade, ata algunha que outra cousiña máis apetitosa que queremos que descubras por tí mesmo/a...

Non o esquezas, do 1 ao 5 de febreiro premiamos a túa confianza!