Xantar 2014


O Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar), que acada este ano a súa décimoquinta edición (vense celebrando de forma ininterrompida dende o ano 1999). Nesta ocasión, a feira gastronómica terá lugar do 5 ao 9 de febreiro, no recinto feiral Expourense. 

Como vén sendo habitual, dende o IES Vilamarín xa temos case todo preparado para a vindeira edición de Xantar, pero este ano melloramos a nosa presenza. Entre as novidades que traemos están, máis e mellores sorteos, con nós poderás visitar dende as Terras de Santiago á Costa da Morte, o sabor a Cuba levámolo cun "sabrosón" restaurante cubano, "Our Happy Days" desvelará os segredos para ser o mellor "wedding planner", e como non podía ser doutro xeito, todo amenizado cuns exóticos cócteis e exquisitos pintxos.

Non podedes faltar, e se o facedes...peor para vós!!!!





SÉGUENOS CO HASHTG  #Xantar2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario