Somos noticia

Este espazo do blog foi creado co obxectivo de facer unha escolma de novas xeradas, ben froito da activa participación do alumnado do IES Vilamarín nos numerosos aventos e acontecemetntos relacionados co mundo da hostalaría e o turismo, ou ben do protagonismo acadado por mor  das súas propias habilidades, destrezas e éxitos profesionais neste campo.

Son moitos os alumnos e alumnas de destacado talento que sobresaen nos distintos ámbitos laborais. Por esta razón, e tamén pola espectación que a miúdo xeran, queremos informar a todo o alumnado dándolle o recoñecemento que certamente se merecen.

¡¡¡ Grazas compañeiros, sen vós isto non sería posible !!!

Os vosos logros son os nosos logros

___________________________________________________
TÍTULO: I PREMIO PROMESAS DA ALTA COCIÑA


Paula Díaz Barja, estudante do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía no IES VILAMARÍN é a única representante galega no I Premio Promesas da Alta Cociña que convoca a afamada escola de hostalaría Le Cordon Bleu Madrid.

A nosa compañeira preparou unha magnífica receita "Sorpresa de porco ibérico, oblea terra-mar e mini-canelón cremoso de queixo".

Para dar ou teu apoio, entra en Premio Promesas da alta cociña Le Cordon Bleu Madrid, busca o vídeo de Paula Díaz Barja e dálle a “Me gusta".

A candidatura de Paula para gañar este premio tan só é un pequeno reflexo do gran traballo que día a día se realiza no IES VILAMARÍN.

Le Cordon Bleu (O Listón Azul) é a escola de educación en hostalaría e artes culinarias máis grande do mundo, con presenza en máis de 30 países. Co teu voto podes axudar a unha moza galega a cumprir o seu soño e encumbrar a nosa cociña tradicional. 

Segue toda a actualidade do centro en Twitter


___________________________________________________
TÍTULO: BREOGÁN E AVENTUROCIO

Os nosos alumnos xa navegan sós e dende aqui queremos que coñezades todas as ofertas das que temos información:

O alumno Breogán Veloso Guimarey dispón dunha empresa de Turismo Activo (Polígono de San Cibrao das Viñas) e neste intre podemos facilitar as seguintes ofertas:

-Ceas para grupos: Dispoñen dun menú asequible e doutro máis caro, nos que as actividades xa están incluidas podendo elixir:
  -Paintball (campo cuberto)
  -Ruta en atv (quads)
  -Tiro con arco ou Ruta en atv e escalada


Todas as actividades realizaranse no polígono de San Cibrao onde teñen a sede.

-Viaxes á neve:
Un para Leitaregos (Asturias) para Semana Santa e outra par La Valnord ( Andorra) na semana de carnaval. Estará todo incluido en calquera das ofertas
Para máis información e se queredes subir a bordo chamar ó teléfono 670978410 ou contactar no e-mail breoganveloso@aventurocio.net


___________________________________________________

TITULO: NORABOA GUILLERMO

E seguimos cos alumnos do IES VILAMARÍN e as boas novas. Medalla de Ouro en Servizos de restaurante e bar. O premio chega da man de Guillermo González do Ciclo Superior de Restauración na 33ª edición das Olimpiadas Españolas de Formación Profesional (Spainskill).
Esta medalla é toda un recoñecemento ó intenso esforzo que cada día se realiza no IES VILAMARÍN.
Os alumnos que obtiveron a medalla de ouro representaron a España nas Worldskills 2011 que se celebraron en Londres o pasado outubro das que Guillermo voltou moi satisfeito.
¡MOITAS FELICIDADES!