jueves, 10 de noviembre de 2011

¡¡Gaña unha estancia na fin do mundo!!

Dende o IES Vilamarín sorteamos unha estancia para dúas persoas no hotel rústico "Casa Fontequeiroso" en Muxía,A Coruña.

DETALLES DA OFERTA
*DIA1 /BENVIDA
A vosa chegada encontraredes cada detalle perfectamente coidado...

-Aloxamento na habitación especial equipada con cheminea e columna de hidromasaxe.
-Trato preferencial con detalle de benvida na habitación.
-Detalle de degustación na habitación:"Fondue morir de chocolate" e botella de champán.
-"Amenities" especiais e cea a luz do candil
Disfrutade dun ambiente ideal e se o desexades poderedes cear  con total intimidade na habitación...

Detalles do menú:

-1º Zamburiñas da costa  a grella ó estilo Fontequeiroso
-2º Bogavante con "tagatelli" marinados ou estufado de tenreira galega con guarnición de patacas asadas lentamente ó forno de leña
-Postre: Crema de queixo baixo leito de froitos silvestres ou delicia de chocolate o estilo da avoa
-Viño: Albariño ou Mencía
-Selección de chupitos caseiros

*DIA 2/ALMORZO

Esperta  co son do mar, e almorzade como reis nun marco natural sin igual...
-Almorzo:"Brunch"mezcla de doce  e salgado
-"Late check-out" ata as 16h00




No hay comentarios:

Publicar un comentario