miércoles, 6 de marzo de 2013

Xantar 2013

O Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar), que alcanza este ano a súa décimocuarta edición (vense celebrando de forma ininterrompida dende o ano 1999) vaise a celebrar do 6 ao 10 de marzo no recinto feiral Expourense. Durante catro días reunirase o mellor do sector gastronómico e turístico nunha cita que cada ano adquire maior relevancia.

Como ven sendo habitual dende o inicio da feira, o IES VILAMARIN estará presente no evento.


Este ano queremos darlle unha visión máis participativa e interactiva, onde o público interveña tanto a nivel presencial como a través das redes sociais. Para isto teremos sorteos diarios, diferentes promocións, distribución de merchandising e diversas degustacións elaboradas pol@s alumn@s do centro.




Segue todas as novidades do evento no noso Facebook e Twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario